Chegan o frío, a choiva e a neve

A cota de neve en Galicia sitúase nos 1.000 metros

El paraguas será necesario a partir de este jueves. VÍCTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Persoas con paraugas. VÍCTORIA RODRÍGUEZ

Este mércores a xornada quedará marcada pola chegada de aire frío desde o Atlántico por mor dunha borrasca que se localizará no Mar do Norte. Así, espérase ceo parcialmente cuberto con chuvascos máis frecuentes na metade norte, ocasionalmente acompañados de saraiba, e que serán de neve por riba dos 900 metros. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado do noroeste. Pola súa banda, as temperaturas descenderán e a baixada será máis marcada nos valores diúrnos. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 15 graos en Ourense e Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán até os dous graos en Lugo e a capital ourensá. En Pontevedra os termómetros oscilarán entre os 5 e os 14 graos.

NEVE. A masa de aire frío procedente de Groenlancia deixará nevadas nas zonas montañosas. A cota de neve en Galicia sitúase nos 1.000 metros e nalgunhas zonas da provincia de Lugo, en 900. "Imos vivir un descenso notable da temperatura nos próximos días, algo que xa se está notando en zonas da Mariña, Terra Chá, Meira e Fonsagrada", recoñeceron en Meteogalicia.

O baixón de temperaturas será significativo coa chegada dunha masa de aire ártico procedente de Groenlandia

"Vimos de días moi primaverais, pero esta inestabilidade atmosférica vai facer que volvamos un pouco ao inverno", apuntaron desde o organismo dependente da consellería de Medio Ambiente.

Entre este xoves e o venres chegará unha fronte atlántica por Galicia que afectará á maior parte da Península e Baleares desde a segunda metade do día e desde o noroeste ao resto de zonas.

O volverán descender as temperaturas na vertente atlántica e seguirá o ambiente frío, con cotas de neve baixas nas primeiras horas do día. En concreto, nevará a partir de 600 a 900 metros no norte e noroeste, e entre 900 e 1.200 metros no resto do mapa a primeira shoras do día.

As precipitacións axudarán a paliar a escaseza de choivas, xa que en moitos puntos de España practicamente non choveu desde que empezou o

A Aemet espera que se produzan "nevadas significativas" en zonas de montaña e de forma ocasional en zonas chairas, sobre todo de madrugada e a primeiras horas da mañá. Durante o fin de semana manterase a atmosfera inestable con precipitacións sobre todo na vertente atlántica.

A partir do domingo empezarán a subir as temperaturas de xeito progresivo e, con elas, a cota de neve. "As precipitacións axudarán a paliar a escaseza de choivas, xa que en moitos puntos de España practicamente non choveu desde que empezou o"ano , dixo o portavoz de Aemet, Rubén del Campo.

Comentarios