A choiva dá unha tregua ata última hora da tarde deste venres

Previsión del tiempo para este viernes.METEOGALICIA
photo_camera Previsión del tiempo para este viernes.METEOGALICIA

O venres será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día, polo que se espera unha mañá de ceos parcialmente nubrados, con algunhas néboas matinais e coa entrada de choivas polo sur a última hora da tarde.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas ascenderán de forma moderada.
O vento soprará frouxo de compoñente sur, sendo do suroeste e moderado con intervalos fortes pola noite. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 11º 16º

Ferrol 11º 16º

Lugo 9º 15º

Ourense 10º 18º

Pontevedra 11º 18º

Santiago 9º 15º

Vigo 12º 18º

Comentarios