A chuvia volve a Galicia este martes

Espéranse ceos nubrados con choivas na franxa atlántica que se irán estendendo co avance da xornada

Meteogalicia
photo_camera Meteogalicia

Galicia verase afectada durante este martes por unha borrasca que se achegará polo Atlántico, no seu camiño cara ás Illas Británicas.

Con esta situación, espéranse ceos nubrados con choivas na franxa atlántica que se irán estendendo co avance da xornada.

Pola noite as choivas chegarán a toda a Comunidade sendo máis intensas no oeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso.

Os ventos soprarán do suroeste, entre frouxos e moderados, aumentando a fortes pola noite na metade norte e no litoral entre Bares e a Costa da Morte.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 13° | 20°
Ferrol 14° | 20°
Lugo 10° | 18°
Ourense 12° | 22°
Pontevedra 14° | 18°
Vigo 14° | 18°
Santiago de Compostela 13° | 17°.

Comentarios