lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

As chuvias continúan este martes en Galicia

Momento do clima no día. METEOGALICIA
Momento do clima no día. METEOGALICIA
Os ventos soprarán do noroeste, moderados, con intervalos fortes no litoral 

As baixas presións desprazaranse durante este día cara ao continente europeo pero aínda seguirán achegando inestabilidade a Galicia. Deste xeito os ceos continuarán anubrados con chuvias intermitentes e que ocasionalmente poderían acadar forte intensidade e vir acompañadas de sarabia durante a mañá e co avance do día irán perdendo intensidade.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do noroeste, moderados, con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.

Meteogalicia

As chuvias continúan este martes en Galicia
Comentarios