O martes espérase en Galicia unha xornada de influencia anticiclónica, pero con aire frío en capas altas, fonte de inestabilidade atmosférica.
Con esta situación, haberá brumas costeiras no litoral atlántico e ceos con poucas nubes en xeral pola mañá.
Pola tarde aumentarán nubes de evolución que deixarán chuvascos tormentosos en zonas do interior, localmente fortes e ocasionalmente acompañados de saraiba e aparello eléctrico.
Temperaturas mínimas sen cambios, máximas en lixeiro descenso. Ventos frouxos de compoñente oeste.
TEMPERTARUAS
A Coruña 17º 23º
Ferrol 17º 24º
Lugo 16º 32º
Ourense 19º 34º
Pontevedra 15º 25º
Santiago 16º 27º
Vigo 15º 24º