Elena Espinosa: ''No soy dulcera, pero la tarta de manzana de mi madre y de mi madrina son únicas''

A ministra de Medio Rural, Ambiente e Marino, Elena Espinosa, era cociñeira habitual antes de ocupar o seu actual cargo e falou das suas preferencias en Ourense, a súa cidade natal, na que estivo para celebrar o Día Mundial do Medio Ambente.
Alí estivo con Odile Rodríguez de la Fuente, presidenta fundadora da fundación que leva o nome do seu pai,  baixo unha sobreira de máis de 400 anos que é a árbore máis vella da cidade de Ourense.

Pregunta: ¿Cál é a sua comida favorita e cál a que menos lle gosta?

Resposta: Sou fácil de contentar pois me gustan desde os ovos fritos con patatas até unha boa carne ou un bó peixe pois temos unha riqueza gastronómica que nos permite comer san e con moitísima calidade.
O que non soporto é o fígado e pásame dende que era pequena pois lembro que podía pasar días sen comer por non querer fígado.

P: ¿Cál é a sua bebida preferida y cál a que menos pide?

R: Bebo auga na maior parte das ocasións, nas comidas de traballo porque despois calqueira outra cousa faite sentir pesada pero tamén me gustan o viño blanco e tinto e a cervexa.

P: ¿Ten unha sobremesa favorita? ¿de quén?

R: Non son moi doceira pero me encanta a tarta de mazán caseira, esa que apenas ten base de masa, como a que fai a miña nai e a miña madriña e agora vexo que se está a recuperar en moitos restaurantes.

P: Na cociña, ¿qué prato se lle da mellor?

R: Me gusta moito cociñar e antes facíao habitualmente no fin de semana para ter comida para toda a semana e aínda cociño cando se xuntan amigos en casa e fagolles rabo de touro, rodaballo en dúas salsas ou, se hai material caseiro, uns sinxelos ovos con chourizo frito e patacas. Sempre cociño a demanda dos que veñen.

P: ¿Algún segredo aprendido últimamente para a cociña?
R: Pois casualmente sí que me explicou un segredo o ministro de Fomento, José Blanco, para conseguir que o refrito de aceite e pementón para o peixe á galega , se quede traslúcido como o vemos nos restaurantes, pero é un segredo que non podo contar porque a él llo dixeron precisamente nun establecemento.

P: ¿Comidas de dous pratos e sobremesas ou mellor tapeo?

R: Sou de xantar completo pero por motivos de traballo cambiei a rutina e a mediodía tomo un só prato e pola noite algo lixeiriño.

P: ¿Carne o peixe?

R: As dúas cousas me van ben.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible?

R: Cando estou especialmente cansa necesito chocolate, e sempre teño a mao dos máis concentrados e negros.

P:¿Qué lle gustaría probar que coñece de oídas?
R: Pois quero probar os saltamontes que son típicos en algúns lugares de Asia.

P: ¿Quén ou qué está para comelo?

R: Absolutament todos os productos da nosa terra.

P: Polo contrario, ¿quén ou qué rillaría por unha perna?

R: A insolidaridade e a mentira.

P: ¿É das que pensan que somos o que comemos?

R: Non exactamente pero sí que estou convencida de que a nosa saúde está íntimamente relacionada co que comemos.

Comentarios