''En parte somos lo que comemos y no hay más que ver que los hijos de los ricos siempre salían guapos''

O escritor, académico da RAG, catedrático e membro do Consello da Cultura Galega Xesús Alonso Montero, é natural de Vigo, declarase "comunista recalcitrante e ateo gracias a deus" e tras pasar fame de pequeno porque nada lle gustaba, recoñece que descubriu o gusto pola comida fai 25 anos, cando él tiña 55.

                                                         


Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta:Como cuestión previa teño que decir que me criei na aldea de Ventosela,no Ribeiro (Ourense) e de pequeno a miña nai me chamaba "fiscoso" ou "fiscol", palabra que se refería a unha persoa á que non lle gusta nada da comida e ese era eu así que estaba moi delgado pero non só porque fora a época da fame, senon porque eu tampouco me animaba moito a comer o que había. Así e con todo, descubrín o gusto pola comida hai 25 anos, cando eu xa tiña 55 pero son de horizonte limitado e disfruto dunhas patacas fritidas ou unhas anguías que aínda vou comer agora a unha aldea de eiqui cerca, e son fanático do caldo de nabizas.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Pois voltando ó mesmo, aínda que nacín en Vigo, pasei tempo nunha taberna e traballei nas vendimas do Ribeiro en Ourense, nunca descubrín o verdadeiro gusto polo viño salvo o de Clodomiro Montero de Ribadavia até fai dous anos, ún que se chamaba "Clodomiro 1912" en honor o ano de nacemento do seu pai. Agora alugou os viñedos e deixou de facelo.
Últimamente descubrín o Rías Baixas "Martín Codax" quizá por deformación profesional pois acabo de escribir un libro sobre o poeta medieval do que toma o nome.

P
: Ten un postre favorito? de quen?

R: Infelizmente, como din os portugueses, son larpeiro pero non podo exercer delo por saúde pero tamén nesto estou aberto a todos os fanatismos e unha das cousas que máis me gusta é a torta de Guitiriz.

P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R: A miña aspiración máxima sería que canto antes se establecese no mundo o comunismo democrático e ateo, pois eu, como todos saben, son un comunista recalcitrante e ateo gracias a deus.

P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Pois entre outros faría eso ca raíña de España pois está entre os magnates mundiais que se reúnen unha vez o ano e de forma clandestina, para gobernar o mundo. Chámanlle o Grupo de Bilderberg e aínda se reuniron este mes en Sitges.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: En parte sí. Eu veño de unha familia pobre e unha das cousas que lles molestaba os meus era saber que todos eramos máis feos que os fillos dos ricos porque os ricos comen ben e sempre saen máis guapos.

Comentarios