Galicia agarda por unha Noiteboa sen chuvia

As temperaturas irán en ascenso

O martes Galicia irá quedando progresivamente na influencia das altas presións, aínda que a primeiras horas o paso dunha fronte pouco activa deixará chuvias polo oeste.

Así, durante a mañá os ceos estarán anubrados, con orballos na franxa atlántica. A partir do mediodía os ceos quedarán pouco anubrados, con intervalos de nubes altas.

As temperaturas quedarán en ascenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

Meteogalicia

Comentarios