Galicia continuará este mércores baixo a influencia das altas presións 

As máximas experimentarán un lixeiro descenso
Unha moza bañándose no Miño. XESÚS PONTE
photo_camera Unha moza bañándose no Miño. XESÚS PONTE

Non se esperan cambios significativos para este mércores no que ao tempo se refire, con Galicia na influencia das altas presións e ventos do nordés.

Así, segundo o prognóstico de Meteogalicia, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con intervalos de nubes baixas e néboas nas primeiras e últimas horas do día na metade norte. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente norte, máis intenso á tarde. 

Principais indicadores das temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 17° 23°; Ferrol 15° 23°; Lugo 10° 23°; Ourense 13° 31°; Pontevedra 16° 29°; Santiago 15° 24°; Vigo 15° 29°.

Comentarios