viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Galicia recupera a influencia anticiclónica neste domingo

En el cielo se alternarán nubes y claros. ALBA SOTELO
Nubes e claros. ALBA SOTELO

Pola tarde os ceos estarán con poucas nubes ou despexados

Galicia irá recuperando a influencia anticiclónica. Deste xeito, comezaremos o día con nubes baixas, con algún orballo illado no extremo norte, néboas matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico.

Pola tarde os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, con nubes de evolución no interior, que mesmo poden deixar algunha treboada illada. As temperaturas estarán en lixeiro descenso.

Os ventos soprarán do nordés no terzo norte, con algún intervalo de moderado no litoral e frouxos variables no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas, segundo Meteogalicia.

Mapa

Galicia recupera a influencia anticiclónica neste domingo
Comentarios