Galicia vivirá un martes con ceos nubrados e choivas intermitentes

Previsión meteorológica para este martes en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Previsión meteorológica para este martes en Galicia.METEOGALICIA

Este martes unha nova fronte chegará a Galicia. Así, o ceo estará nubrado con choivas de carácter intermitente probables en calquera punto da Comunidade galega.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado de compoñente sur. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos ou con lixeiros descensos.

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 14 graos na Coruña e Vigo, mentres que os valores mínimos descenderán ata os seis graos en Lugo.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para as cidades


A Coruña     10°     13°

Ferrol     8°     12°

Lugo     4°     10°

Ourense     6°     11°

Pontevedra     9°     12°

Santiago de Compostela     7°     10°

Vigo     11°     13°

Comentarios