A inestabilidade continúa en Galicia, aínda que o peor xa pasou

Paraugas rotos. GONZALO GARCÍA
photo_camera Paraugas rotos. GONZALO GARCÍA

Mantense aínda a inestabilidade en Galicia, con aire frío nas capas altas da atmosfera que nos deixará unha xornada de chuvascos máis frecuentes durante a mañá.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

O vento soprará frouxo de compoñente oeste, aínda con intervalos fortes a primeiras horas no litoral norte.

Comentarios