O ministro de Fomento José Blanco, natural de Palas de Rei (Lugo) é cociñeiro para os amigos e di que o seu segredo está nos libros de cociña e no "termomix" aínda que tira de paciencia para preparar un "polo campeiro" guisado lentamente durante cinco horas.
Pregunta: ¿Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: Meu prato favorito é o caldo galego e non hai ningún que non me guste.
P: ¿Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: O que máis bebo é agua.
P: ¿Ten un postre favorito? ¿de quen?
R: O brazo de xitano que facía a miña abuela y que ninguén máis fai igual.
P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?
R: Vou misturando cousas e fago un polo campeiro que me sae exquisito tras guisalo lentamente dende as 9 da mañá até as dúas do mediodía, e o fago cando teño xente para a que cociñar, pero tamén teño para o verao, cando invito a moita xente, o rape guisado ou con unha allada segreda que me ensinou un restaurador e que contei a Elena Espinosa.
P: Aparte do segredo da allada que xa nos dixo a ministra Espinosa que non se pode contar, ¿algún outro que utilice na cociña?
R: Non teño máis segredos que os dos libros de cociña e o robot "termomix", e a paciencia no caso do polo campeiro.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Normalmente tomo primeiro e segundo prato, e a veces postre pero, dependendo dos días, tamén pode tocar tapeo.
P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?
R: Sou clásico tanto como comensal como na cociña.
P: ¿Carne ou peixe?
R: Pois sou máis de carne.
P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?
R: Non, non teño ningún alimento asociado a ningún momento especial.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R: (Tras consultar con un acompañante) Foi un bó descubrimento o prato de callos con xudías e setas que nos puseron no restaurante "Azul" de Ponferrada.
P: ¿E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Non lembro ningunha.
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: Os meus fillos.
P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: Ningunha. Eu non fago mal pois son bó.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Moitas veces sí pois en función do que comemos, así parecemos.