Luns de transición en Galicia: nubes, claros e algún chuvasco

Previsión para este luns. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este luns. METEOGALICIA

O luns será unha xornada de transición na que Galicia aínda terá restos de inestabilidade, con entrada progresiva das altas presións pola tarde.

Con esta situación, na xornada de mañá os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos pola mañá máis probables no norte e no leste, tendendo a desaparecer pola tarde.

A cota de neve estará situada nos 800 metros ao principio do día subindo aos 1.000 metros durante a tarde.

As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro descenso.

Os ventos soprarán de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral atlántico e zonas altas.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 7º/11º, Ferrol 8º/13º, Lugo 3º/10º, Ourense 2º/13º, Pontevedra 4º/13º, Santiago 4º/10º,
Vigo 4º 15º. 

Comentarios