Mantéñense os ceos despexados e as temperaturas sen cambios

Se mantienen los cielos despejados y las temperaturas sin cambios

Unha persoa corre pola Praia Grande de Miño durante unha soleada xornada. CABALAR
photo_camera Unha persoa corre pola Praia Grande de Miño durante unha soleada xornada. CABALAR

O venres o anticiclón desprazarase cara ao leste situándose sobre o continente europeo, o que permitirá unha progresiva entrada de aire frío nas capas altas e un descenso na intensidade do vento.

Con esta situación, continuarán os ceos pouco nubrados ou despexados en xeral e coa formación de nubes de evolución nas zonas elevadas do interior durante a tarde que poderían deixar algún chuvasco ocasional. 

As temperaturas quedarán sen cambios significativos. 

Os ventos soprarán de compoñente Este frouxos, con réxime de brisas nas Rías Baixas, e con intervalos moderados no litoral norte.

Comentarios