Mantéñense as temperaturas e os ceos despexados

Un joven se refresca para combatir la ola de calor. EFE
photo_camera Un mozo intentando combater as altas temperaturas

As altas presións iranse movendo progresivamente cara ao norte durante na xornada deste xoves, achegando máis estabilidade atmosférica. 

Deste xeito, a primeiras horas teremos aínda nubes baixas na metade norte que tenderán a desaparecer para deixar unha tarde de ceo pouco nubrado ou despexado. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando a nordés moderado pola tarde no litoral norte.

Temperaturas previstas en Galicia: 
Lugo            15°     28°
A Coruña     18°     23°
Ferrol           15°     26°
Ourense       16°     33°
Pontevedra  14°     27°    
Santiago      14°     27°
Vigo             14°     26°