A Mariña e o litoral coruñés terán este sábado aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros

O día comezará con orballos e terminará co ceo pouco cuberto

Las olas azotan el litoral gallego. JM VÁZQUEZ (AEP)
Las olas azotan el litoral gallego. JM VÁZQUEZ (AEP)

A Mariña luguesa e o litoral noroeste da provincia da Coruña terán este sábado pola tarde aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, en todo o litoral norte as ondas do noroeste estarán entre os catro e os cinco metros a partir do mediodía.

Deste xeito, o aviso estará activo a partir das 15,00 horas deste sábado por ondas do noroeste de entre catro e cinco metros de altura.

DA CHOIVA AO SOL. O sábado, a provincia quedará nunha zona de transición coa entrada dunha fronte que rozará o norte pola mañá e con influencia das altas presións pola tarde. Así, a xornada comezará cos ceos cubertos e con algún orballo a primeiras horas. 

Co avance do día as nubes irán desaparecendo para quedar cunha tarde de ceos alternando nubes e claros.

Comentarios