''Quiero probar insectos y serpientes en Tailandia''

Xosé Luis Méndez Ferrín preside a Real Academia Galega dende xaneiro de 2010 e protagoniza unha longa e premiada traxectoria que inclúe novelas, poesía, iniciativas políticas e unha periódica opción ó premio Nobel de Literatura, alimentada por recollidas intermitentes de firmas.
Estivo en Ourense para presentar o libro "O grito de Ipiranga" do xefe policial galego Luis Manuel García Mañá.

 

Pregunta: ¿Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gosta?

Resposta: o que máis me gusta é o arros con luras e non hai nada que

non coma.

P: ¿Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Bebo sempre viño e o que menos é a auga.

P: ¿Ten unha sobremesa favorita? ¿De quén?

R: As natillas da miña muller Moncha.

P: Na cociña, ¿que prato se lle dá mellor?

R: Máis que cociñeiro, son crítico de cociña ou cociñeiro pacente, pois

prefiro recibir que facer.

P: ¿Comidas de dous pratos e sobremesas ou mellor tapeo?

R: Pois según as circunstanacias, e cando a cousa é comer podo con un

primeiro, segundo, terceiro e incluso cuarto plato, como nos vellos

banquetes; o tapeo tamén é espléndido pero sempre fora de casa.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Máis ben peixe como o arros con lamprea que como tanto en Portugal

como en Tomiño.


P: ¿Sorprendeulle gratamente algún prato que non coñecía?

R: Nun restaurante de Nova Iorque comín un pato pekinés, sin paliños e

con filloas.

P: ¿E alguna sorpresa desagradable nalgún xantar?

R: Pois as alcachofas en calqueira das suas formas.

P: ¿Por que prato sintes curiosidade e non coñeces?

R: Sei que teño que probar platos con insectos e serpes que poñen en

Tailandia e por Bangkok.

P: ¿Quen ou que está para comelo?

R: Non como as cousas que amo.

P: Polo contrario, ¿quen ou que rillaría por unha perna?

R: A miña boca non é para torturar a ninguén.

P: ¿É dos que pensan que somos o que comemos?

R: Non, non, pois se fose así estaríamos perdidos.

 

Comentarios