viernes. 20.05.2022 |
El tiempo
viernes. 20.05.2022
El tiempo

Este mércores soben as temperaturas en Galicia

Mapa del predición del tiempo para este miércoles.METEOGALICIA
Mapa del predición del tiempo para este miércoles.METEOGALICIA

Este mércores as altas presións continuarán estacionarias en Galicia achegando estabilidade e aire cálido desde o sur. Deste xeito, o ceo estará en xeral pouco anubrado ou despexado, con néboas matinais no interior. Pola tarde espéranse nubes de estancamento no norte de Lugo e nubes de evolución no leste de Ourense.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do leste, con algún intervalo de moderado no litoral atlántico pola tarde.

Pola súa banda as temperaturas ascenderán de forma entre moderada e notable. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 25 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán até o seis graos en Lugo.

Temperaturas mínimas y máximas en Galicia
A Coruña     9°     17°

Ferrol     7°     21°

Lugo     6°     21°

Ourense     7°     26°

Pontevedra     10°     24°

Santiago de Compostela     9°     22°

Vigo     12°     24°

 

Este mércores soben as temperaturas en Galicia
Comentarios