Unha nova fronte deixará choivas intensas a partir do mediodía deste venres

Espérase un lixeiro ascenso das máximas
Previsión para este venres. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este venres. METEOGALICIA

Unha nova fronte atravesará Galicia o venres de oeste a leste e está previsto que deixe choivas intensas e xeneralizadas a partir do mediodía, segundo a predición de Meteogalicia.

As temperaturas non terán cambios significativos, cun lixeiro ascenso das máximas. 

Os ventos soprarán do suroeste, moderados, con intervalos fortes pola tarde. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o venres en Galicia: 
A Coruña 14° 19°; Ferrol 14° 18°; Lugo 11° 16°; Ourense 12° 19°; Pontevedra 14° 16°; Santiago 12° 14°;
Vigo 13° 16°. 

Comentarios