O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo,licenciado en Dereito e funcionario de carreira, leva demasiado tempo xantando fora de casa como para ter práctica como cociñeiro, e ademáis recoñece unha falta de aptitudes para elo.
Nos últimos días visitou Ourense con motivo da sua presidencia da Xunta pero tamén como presidente do PPdeG, para diversos actos.
Pregunta: ¿Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: Entre as favoritas teño difícil concretar pero as patatas fritidas con ovos ou unha tortilla de patacas con pementosestán ahí. No que menos me gusta están os pratos con pìcante ou moita salsa e no caso de lugares donde ambos son tradición, como México, non lle boto a comida os chiles, se podo evitalos.
P: ¿Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: Prefiro a auga a todo o demáis e para o xantar unha cervexa sen alcohol e xa pola noite, tranquilamente, un bó viño galego. As bebidas que menos me gustan están no grupo das "copas" e gaseadas e só tomo "gin-tonic".
P: ¿Ten un postre favorito? ¿de quen?
R: Venme a cabeza o plato de natillas con restos de limón, moita canela e unha galleta grosa que era o postre máis rico dos que facía a miña aboa e aínda que teño unha lembranza especial dese prato, non volvín atopalo.
P: Na cociña, ¿que prato se lle da mellor?
R: Recoñezo que non teño aptitudes para a cociña ou polo menos, non as atopei, e ademáis como e ceo fora da casa dende fai 20 anos polo que tampouco teño tempo para adicarlle a cociña.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Eu sou máis de un prato pero lamentablemente o postre se me está facendo cada vez máis importante. Antes non o precisaba pero agora sí, debe ser pola edade.
P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?
R: Gostanme os pratos de sempre, clásicos.
P: ¿Carne ou peixe?
R: Prefiro o peixe e sobre todo o polbo e o peixe azul.
P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de presión?
R: En momentos concretos, cando me da a fame, collo o primeiro que haxa cerca, se hai unha mazá pois como froita e se hai chocolate tamén o como, non teño caprichos nese senso.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable"
R: A carne de porco celta, ca sua cor roxa, me pareceu excelente polo seu sabor igual que o lacón e outros derivados.
P: ¿E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Pois comer callos fíxome descubrir que non son un dos meus pratos favoritos.
P: Algo que lle quede por probar e teña pendente como comensal?
R: Neste momento, como comensal estou desexando ir a cear a Rianxo una boa empanada de xoubas.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Penso que temos un alto compoñente do que comemos e estou convencido de que do que se come se cría.