Os raios de sol abriranse paso este sábado en Galicia
As temperaturas ascenderán lixeiramente
As altas presións dominarán a situación meteorolóxica nesta xornada, con entrada de aire cálido dende o sur; a presenza de baixas presións en Azores achegará algunhas nubes de tipo alto. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado con intervalos de nubes altas que non deberían impedir o paso do sol.
As temperaturas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán do sur, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico.
