Palomares: ''Los sabores de la infancia permanecen toda la vida entre las nostalgias''

O Xornalista e escritor Alfonso S. Palomares, natural de Calvos de Randín na provincia de Ourense, presentou no Liceo de  Ourense, rodeado de amigos convocados pola fundación Carlos Casares, o seu último libro "Los laberintos del espejo" antes de ir a Barcelona para facer o mesmo.

 
Pregunta: ¿Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: O que máis me gusta é o cocido galego e a veces en cantidades excesivas e pouco recomendables e o que menos me gustou até hoxe foi un prato de serpe que me puxeron en Indonesia e que eu estaba comento encantado até que me dixeron o que era, e xa non poiden seguir pois surdiu un rexeitamento visceral polo prato.

P: ¿Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: O que máis bebo é viño tinto e últimamente tamén blanco albariño e os que fan no Ribeiro. O que non probo é calqueira outro alcohol que non sexa viño.

P: ¿Ten un postre favorito? ¿de quen?

R: Sou moi larpeiro e o mellor é o "leite frito" que fai a miña cuñada Lolita.

P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Eu de cociñar nada de nada, só fago aceptablemente os ovos fritos pero aprecio a arte culinaria e no meu libro hai varias partes gastronómicas entre elas un xantar en Madrid do que explico a elaboración dos pratos e como se cociñaron, outro en Beirut con comida árabe e un máis en Xerusalén con platos diferenetes.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Polo meu traballo en todo o mundo, me habituei a comer sempre fora e de forma desordenada e así coñezo 75 ou 80 países aínda que agora sou algo máis ordeado pero tamén me gusta moito un tapeo variado.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Creo que sou máis ben clásico pero non renuncio a nengunha innovación pola curiosidade que sinto ante todo o novo.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Pois últimamente estou nunha etapa de carne aínda que podo ser plural. Na miña casa en Madrid se merca sempre carne galega e para conseguir o pan imos ó Museo del Pan Gallego cando precisamos.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de presión?

R: Para eses momentos en que precisas un deleite especial eu opto polas filloas de sangue que me fai a miña cuñada cada vez que veño a Ourense e visito o meu irmao.

P: ¿Lemra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable"

R: Lembro como algo fascinante un xantar que me ofreceu no restaurante "Pekín", da capital de China, a axencia "Nova China" no que podías coller todo tipo de carnes, salsas e guisos nunha especie de prato xiratorio que me fixo comprender a comida china e a sua sona.

P: ¿E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Só se me ven a cabeza a das serpes en Indonesia porque eu estaba saboreando aquel prato con moito gusto pero cando me dixeron o que era xa non poiden seguir.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: En xeral creo que non pero é un tema demasiado filosófico....o que comemos sí condiciona o noso físico e tamén aspectos do psíquico.en ese sentido é certo que hai afectividades selectivas hacia determinadas comidas na nosa vida e de feito, os sabores da nenez permanecen toda a vida e están sempre entre as nostalxias dos adultos.

Comentarios