''Roería por una pierna a los inflexibles que no respetan puntos de vista diferentes''
O Xefe Superior da Policía de Galicia e escritor Luis Manuel García Mañá, naceu no "Couto Mixto", enclave singular arraiano entre a provincia de Ourense e Portugal, e tras presentar o seu último libro policíaco, de aventuras e histórico "O grito de Ipiranga", asistiu en Trasalba a entrega do premio 2010 a Xosé Ramón Barreiro.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: Entre as favoritas un caldo do país ben feito e entre as que non me gustan tanto están varios platos que se fan na costa Mediterránea.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: Agredezo moito unha boa auga fresca de montañapero nunca lle fago un feo a un bó viño, sobre todo si é galego. O que menos me gusta son algúns alcoholes fortes como os brandis.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Pois teño dous que son o arroz con leite con moita canela da miña nai e o leite frito da miña sogra.
P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?
R: Na cociña só fago o xustiño como ovos fritidos ou fritir unha chuleta, e cousas así.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Pois a mediodía vaime ben un entrante, un prato e logo remato con froita ou café pois non son moito de doce na sobremesa, e pola noite é cando tapeo ou tomo pouca cousa.
P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?
R: Prefiro a comida clásica pero non me amarga de cando en vez probar novedades.
P: ¿Carne ou peixe?
R: Repártome bastante e podo comer unha boa carne, incluso das que fan dano como o porco ó que non renuncio, pero por motivos de saúde teño que meterme cada vez máis no peixe. Cando era pequeno, como son de interior, o primeiro encontro con peixes foi a través das sardiñas, xardas ou bacallao pero hoxe xa aprecio un rodaballo, un peixesapo ou un "coruxo" da ría de Vigo que me parece extraordinario.
P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?
R: Imprescindible en algún momento do ano é para mín comer laranxas e mandarinas e como nelas como un esfameado cando están no punto e xou capaz de acabar con kilos e kilos. Tamén o pan galego, sexa de Cea ou outro, pero non me fai ben.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R: Descubrín o "fideuá" de lamprea, nun restaurante entre Arbo e A Cañiza, con un sabor potente e forte que precisa de estómagos preparados.
P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Son de bó dente e non sei de cousas que non me gusten nada.
P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?
R: Quizá comer certos animais e bichos que na nosa cultura resultan arrepiantes como as cobras, pero sí que espertan a miña curiosidade.
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: Unha boa tardenoite de primaveira, nunha paraxe singular da nosa terra, ben acompañado, con bó viño e algo para picar.
P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: Rillaría por unha perna a todos os que non son flexibles, a queles incapaces de er que os demáis poden ter puntos de vista diferentes pero que tamén hai que respetalos.
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Non creo que sexamos o que comemos, senon algo máis. Estou convencido de que o que comemos nos fai máis ou menos arquitectónicos pero afortunadamente temos outra dimensión máis trascendental.