Rubén Riós: ''La merluza que yo hago siempre me hace quedar bien''

O actor Rubén Riós Rodríguez Rodríguez incorporou o nome do seu pobo como alcume artístico dende que participa en anuncios, series televisivas, na película 'Pradolongo' baixo a dirección de Ignacio Vilar ou como director das suas propias curtametraxes 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'. E segue.


Pregunta
: ¿Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gosta?

Resposta: O que máis aprecio é o ovo con patatas fretidas e non me gosta nada a coliflor.

P: ¿Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: O que solo pedir é viño bó dende que rodei "Pradolongo" pois quedei prendado do viño blanco "godello" de Valdeorras. O que menos me gusta é calqueira bebida alcohólica forte, pois son moi mal bebedor de alcohol.

P: ¿Ten unha sobremesa favorita? ¿De quen?

R: Os doces que máis me gustan son as filloas de sangue que fai a miña tía Maricarmen de Marcelón (Riós) aínda que non son doceiro para outras cousas.

P
: Na cociña, ¿que prato se lle dá mellor?

R: Cando fago merluza en cazola de barro con espárragos, guisantes e patacas douradiñas sempre quedo ben. O de cociñar aprendino da miña nai e como vivo só, practico moito e utilizo esa habilidade para ligar.

P: ¿Nos contas algún segredo de cociña?

R: Pois non é segredo pero para mín foi un descubrimento distinguir os ovos frescos dos que non o son meténdoos nunha cunca con auga. O caso é que si afunde o ovo é fresco pero si queda a flote, está malo.

P: ¿Comidas de dous pratos e sobremesas ou mellor tapeo?

R: Depende pois na casa a miña nai faime comer mazás e beber moita auga pero si depende de mín, sóu de un só prato, sen sobremesa nin café.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Prefiro o peixa a pesares de que sou fillo de un carniceiro

P
: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible?

R: Non, non teño antollos de comida, sou así de soso.

P: ¿Sorprendeulle gratamente algún prato que non coñecía?

R: Lembro que fai un ano probei carne de cocodrilo no restaurante "Asador José" en Riós, e soupome a peixe espada, moi rico.

P: ¿E alguna sorpresa desagradable nalgún xantar?

R: Pois tamén lembro o pouco que me gustou a carne de culebra que probei en Cuba.

P: ¿Por que prato sintes curiosidade e non coñeces?

R: Teño pendente d eprobar a carne de gato pois sempre lembro o meu pai explicando que no tempo da pobreza che metían gato por lebre, e sei que nalgún país se come así que teño curiosidade aínda que non moitas gañas.

P: ¿Quen ou que está para comelo?

R: O amor, o apoio da familia e o recoñecemento e agarimo da xente da rúa.

P: Polo contrario, ¿quen ou que rillaría por unha perna?

R
: Rillaría a envexa.

P: ¿É dos que pensan que somos o que comemos?

R: Sí, e como eu como de todo será porque son algo camaleón, ¿non?

Comentarios