sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

O tempo primaveral regresa este xoves con sol e máximas en ascenso

Este xoves as altas presións irán entrando en Galicia. Así, nas primeiras horas da xornada os ceos estarán parcialmente cubertos con bancos de néboa en moitos puntos do interior e co avance do día quedaremos con alternancia de nubes e claros.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Estas son as mínimas e máximas previstas nas principais cidades:

A Coruña 6°/15°; Ferrol 5°/16°; Lugo 5°/14°; Ourense 5°/19°; Pontevedra 8°/18°; Santiago de Compostela 6°/16°; Vigo  7°/19º
 

O vento soprará frouxo de compoñente norte.

O tempo primaveral regresa este xoves con sol e máximas en ascenso
Comentarios