Venres de nubes e claros

En toda a costa galega está decretada a alerta amarela por temporal marítimo
Previsión para este venres. METEOGALICIA
Previsión para este venres. METEOGALICIA

Este venres volveremos ter circulación do suroeste que achegará moita humidade nas comarcas atlánticas. Así, teremos os ceos con nubes e claros no leste da comunidade e un aumento da nebulosidade canto máis ao oeste, con posibilidade de orballos na fachada atlántica.

En toda a costa galega está decretada a alerta amarela por temporal marítimo. Espéranse ondas de entre 4 e 5 metros.

Os ventos soprarán de compoñente sur.

As temperaturas seguirán sen cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas.

A Coruña 10°/18°; Ferrol 9°/17°; Lugo 8°/13°; Ourense 9°/19°; Pontevedra 10°/18°; Santiago de Compostela 11°/13°; Vigo 11°/17°

Comentarios