Venres inestable, chuvioso e frío

 A cota de neve ascenderá ata os 1000 metros

O venres Galicia continuará baixo a influencia das borrascas e con aire frío nas capas altas da atmosfera, o que orixinará unha xornada de inestabilidade con chuvascos en toda a comunidade autónoma, ocasionalmente acompañados de saraiba e tormentas.

A cota de neve comezará nos 700-800 metros e irá progresivamente ascendendo aos 1.000 metros. 

Captura

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. 

Os ventos soprarán de compoñente oeste con intervalos fortes no litoral. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 6° 13°, Ferrol 8° 14°, Lugo 3° 11°, Ourense 6° 15º, Pontevedra 6° 13°, Santiago de Compostela 5° 12° e Vigo 9° 14°

Comentarios