O vento do nordeste acentuará a sensanción de frío

Este martes reforzarase a circulación do nordeste durante o martes, de modo que haberá ceo pouco nubrado ou despexado e as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do nordeste, moderado en xeral, forte no litoral e zonas altas. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso e tamén a sensación térmica será máis baixa que a de días anteriores. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 25 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata un grao en Lugo. 

Comentarios