Volve a choiva a Galicia

Previsión del tiempo para este miércoles en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA

A Comunidade quedará este mércores nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

Deste xeito, espéranse ceos con intervalos nubrados, con máis claros canto máis ao oeste e posibilidade de chuvascos no leste das provincias de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos.

Os ventos soprarán moderados de compoñente norte con intervalos fortes en zonas montañosas.

Temperaturas:

A Coruña 13° 16°

Ferrol 11° 17°

Lugo 8° 15°

Ourense 8° 18°

Pontevedra 9° 18°

Santiago 10° 15°

Comentarios