sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

Xornada estival para dar a benvida á fin de semana

tempo

Galicia notará a influencia das altas presións

Este venres Galicia vai empezar a notar a influencia das altas presións, polo que aumentará significativamente a estabilidade atmosférica.

Deste xeito, a predición meteorolóxica reflexa que a xornada comezará con ceos máis nubrados canto máis ao noroeste, con brumas costeiras; no entanto, xa pola tarde os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con algunhas nubes no litoral norte e outras de evolución ao leste.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas subirán lixeiramente no interior e os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas no litoral.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 14°/21°; Ferrol 15°/23°; Lugo 14°/ 29°; Ourense 15°/32°; Pontevedra 12°/25°; Santiago 11°/26°; Vigo 12° 23°. 

Xornada estival para dar a benvida á fin de semana
Comentarios