jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

Un xoves entre as nubes, os claros e algunhas choivas

METEOGALICIA
METEOGALICIA

As previsións meteorolóxicas anuncian para este xoves festivo e de confinamento un tempo en cambio en Galicia, onde o ceo alternará nubes e claros e descargará choiva co avance da xornada. Os chuvascos serán localmente tormentosos e máis probables no interior. No litoral norte pode haber néboas costeiras.

Atendendo á informacion de Meteogalicia, o vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral e moderado no litoral norte.

En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas baixarán algo nalgúns puntos. Na Galicia urbana, estas moveranse entre os 17 graos da Coruña e os 25 de Ourense. As mínimas, mentres, estarán entre os 6 graos de Lugo e os 11 de Vigo.

Un xoves entre as nubes, os claros e algunhas choivas