
Rei Zentolo chegou a un acordo con Atresmedia e Bambú para comercializar o 'merchandising'
O éxito de Fariña animou a dúas empresas galegas a lanzar coleccións de roupa inspiradas na serie. Así, a firma pontevedresa Rei Zentolo chegou a un acordo con Atresmedia e o produtora Bambú para comercializar unha liña de produtos baseados na historia do narcotráfico galego.
Ademais de camisetas, venderán cuncas, bolsas, gorras e outro merchandising e parte dos beneficios destinarase á Fundación Érguete, que presta atención a drogodependentes.
Entre os deseños figuran camisetas coa imaxe de Sito Miñanco, coa letra da banda sonora composta por Iván Ferreiro ou expresións populares da serie como "cara de cona".
Unha serie á galega merecía un merchandising á galega. Presentamos vos produtos oficiais dá serie revelación: \
FarinaTV da \atresmediacom \ BambuProdu
Cinco deseños que xa podedes mercar na tenda online e que ampliaremos cada semana. Parte dous beneficios irán < href="https://twitter.com/AsocErguete?ref_src=twsrc%5Etfw">\AsocErguete pic.twitter.com/uwqw5t8bOw<> — reizentolo (\ Reizentolo) 14 marzo 2018<>
Ademais de Rei Zentolo, a empresa Fillos do Mar tamén creou dúas camisetas inspiradas na serie. Nunha delas, Miñanco aparece coma se fose Donald Trump, coa mensaxe Make Cambados great again (Facer cambados grande de novo).