La Sexta arrasa na noite electoral

Logra un 20,7% de share e case dobra ao seu perseguidor: TVE

Ferreras. TWITTER
photo_camera Ferreras. TWITTER

O especial de Al Rojo Vivo, en La Sexta, foi o líder absoluto da noite electoral na televisión española cun 20,7% do share, case o dobre que o seu inmediato perseguidor, TVE, que obtivo un 11,5%. 

O programa de Antonio Ferreras mellorou considerablemente os seus resultados con respecto aos comicios estatais de decembro de 2016, cando lograra un 14,9%. Esta vez sumou máis de 4 millóns de espectadores.

Ademais, Telecinco (8,2%) superou a Antena 3 (7,6%) e Cuatro só tivo un 3,4%. Ademais do éxito de La Sexta tamén é considerable a melloría de audiencia de TVE.

Comentarios