Silvia Abril copresentará 'La noche de Rober' xunto a Roberto Vilar

Atresmedia confirmou este venres a incorporación de ambos ao grupo de comunicación

Roberto Vilar. AEP
photo_camera Roberto Vilar. AEP

Silvia Abril. AEPAtresmedia Televisión confirmou este venres a incorporación do galego Roberto Vilar ao grupo de comunicación para conducir no prime time de Antena 3 La noche de Rober  e que a humorista Silvia Abril o acompañará nesa aventura. O pasado 12 de febreiro avanzábase xa que o presentador de Land Rober Tunai Show fichaba pola cadea estatal para realizar un novo programa de entretemento, e o grupo audiovisual fíxoo oficial este venres.

O novo espazo estará producido en colaboración con Shine Iberia (Me resbala ou La Isla) e levará o selo persoal de Vilar coa comedia, o humor e os elementos clásicos dos shows americanos como ingredientes principais. Respecto da traxectoria do presentador galego, Atresmedia indicou que comezou a súa carreira como cámara e axudante de realización en programas de TVG, para pasar despois alén da pantalla. 

Os Premios Mestre Mateo a Mellor Comunicador de TV (2010, 2011 e 2016) e a Mellor Programa de TV (2010 e 2016), entregados pola Academia Galega do Audiovisual e o Premio Iris ao Mellor Programa de Entretemento de 2017 (Land Rober Tunai Show), concedido pola Academia das Artes e as Ciencias da Televisión, son algúns dos galardóns máis destacados que recibiu recentemente. 

Comentarios