lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

Localizado en Quiroga o corpo do octoxenario de Ribas de Sil desaparecido

A procura prolongábase desde o pasado 9 de maio

O corpo do octoxenario que desapareceu o pasado 9 de maio en Ribas de Sil foi localizado na tarde deste mércores, nunha zona rochosa de Augas Mestas, en Quiroga.

O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición do home o 9 de maio, ás 16:30 horas, a través do GES de Quiroga.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose en marcha un operativo coordinado pola Garda Civil no que tamén participaron Protección Civil de Ribas de Sil, a Unidade de Drones da Axega, o Grupo de Rescate Canino do Bierzo e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia. 

Localizado en Quiroga o corpo do octoxenario de Ribas de Sil...
Comentarios