Rescatan o corpo sen vida dun home que flotaba no mar de Riazor

Unha das hipóteses sobre a morte da vítima é que se atopase paseando cando caeu á auga

Unha embarcación da Garda Civil recuperou o cadáver dun home que apareceu flotando na tarde deste venres na Praia de Riazor, na Coruña.

Segundo informou o 112 a Europa Press, roldaban as 19.00 horas cando o centro de urxencias recibiu varias chamadas de particulares que alertaban sobre un corpo sen vida que aboiaba no medio do mar.

Seguidamente, o 112 informou os equipos de Salvamento Marítimo e de Gardacostas para recuperar o cadáver, que foi levado ata o peirao de Oza.

Fontes do servizo de urxencias indican que Salvamento baralla a posibilidade de que o home se atopaba pescando cando caeu á auga.

Ademais, o 112 avisou á Policía Local e Nacional, así como os bombeiros da cidade por se fose necesaria a súa intervención.