A caixa de zapatos

Lois Pérez sabe que un Elvis morreu no parto e foi enterrado nunha caixa de zapatos; outro, chegou á altura das estrelas que máis brillan.

Javier Nogueira le as cartas nas que un nobre francés describe a Rusia dos zares.

Juan Tallón escribe sobre unha tenda de discos de Nova York, que era tan boa que pagaba a pena aturar o carácter do seu propietario.

Ramón Rozas agradece a Daniel Asorey Transmatria, un poemario que nos mantén alerta fronte a rixidez social.

Portorosa pregúntase se Silvio Rodríguez poderá valorar os aplausos a esta altura da súa carreira.

Antonio Costa defende un bestseller sobre Exipto escrito por un finés, Sinuhé, el egipcio.

Jaureguizar confesa todo o que envexa a Domingo Villar; sobre todo a cafeteira.

Más en Táboa Redonda
Comentarios