Avance dos contidos do Táboa Redonda do 1 de abril
A cantautora brasileira Adriana Calcanhotto actuará o día 27 en Santiago. Co gallo dese concerto, Ramón González Rey repasa a súa carreira. Antonio Costa Gómez conta como atopou a Billie Holliday en Praga a finais dos 80. Camilo Franco reivindica a filosofía e o humor con Cranios privilexiados de Mofa e Befa. Portorosa calcula o peso das lembranzas na nosa vida. Javier Nogueira deixou pasar o 8-M para ocuparse neste 1-A do feminismo a través de, August Bebel. Ramón Rozas sorpréndenos coa arte singular de Muntean e Rosemblum, exposta no MAC da Coruña. Jaureguizar comenta o informe sobre a creación galega realizado polo Consello da Cultura e o tartufismo que reina nese ámbito.