O motor de The Clash, Joe Strummer, tivo unha vida paralela en Andalucía, onde tratou de desenterrar a García Lorca e na que deu lume para fumar a Isabel Pantoja. Ramón Rozas comenta a reivindicación da democracia e a cultura que fai Francisco Castro na novela Tantos anos de silencio. Manuel Gago reláxase mirando fotos nas que Ruth Matilde Anderson fixou a Galicia que desaparecía nos anos 20. Portorosa viaxa con Herodoto pola civilización mediterránea, onde a palabra e o xesto eran necesarios. Jaureguizar trata de determinar como se coñeceron os seus pais, dado que cada un deles lle contou unha versión diferente, como lle aconteceu a escritora norteamericana Claudia Durastanti, autora de La extranjera.
Adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo: 'Un Dodge e Lorca'
