lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Un adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo: 'Ron, son, ton'

Nacer en Zaragoza, liderar Radio Futura e ser experto en música cubana. Lois Pérez explícanos o trinomio de Santiago Auserón. Ramón Rozas analiza como ocupou Christian Villamide o difícil espazo expositivo que lle cedeu o CGAC de Santiago. Portorosa lamenta que corramos sen pararnos no amor e na amizade. Manuel  Gago protesta polos relatos históricos que ignoran o pasado romano e suevo de Galicia. Antonio Costa Gómez busca a esencia de Fernando Pessoa detrás dos seus heterónimos. Nicolás Carreira comenta a serie The Good Fight' na que pode aparecer unha parella mantendo relacións sexuais con caretas de Donald Trump . Jaureguizar fala da preciosa O que arde, suntuosa e baleira como a rosa de Rilke.

Un adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo: 'Ron, son,...
Comentarios