Adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo: 'En bruto'
Marta Veiga escribe sobre os 90 anos dende o suicidio do exacerbado e xenial poeta ruso Vladimir Maiakovski. Javier Nogueira revélanos o talento de Israel Yehoshua Singer, quen fixo memoria do mundo xudeo antes de que fose arrasado polos nazis. O réxime de Hitler produciu unha cultura de seu. Manuel Gago revisa o seu cinema de entretemento, que era optimista e ausentado da realidade. Ramón Rozas fai unha lectura apaixoada de ‘O amante’ de Marguerite Duras, dacabalo entre Vietnam e París. Portorosa expón que a intimidade máis reconfortante é a que temos con descoñecidos. Jaureguizar fala co ilustrador Xan López Domínguez sobre o Decamerón de Bocaccio como iniciador da nova normalidade florentina.