Adianto do Táboa do domingo 28: 'A galiña cega'

Táboa
O paxaro do jazz cumpre 100 anos. Lois Pérez fálanos de Charlie Parker, Bird. Camilo Franco louba a importancia da trama no videoxogo The last of us. Manuel Gago comenta outro videoxogo, The Waylanders, para explicarnos que o bo tempo non nos anima a saír ao mundo, senón a buscar outros mundos. Nicolás Carreira fálanos das tres irmás que forman a banda Haim, unha volta improbable aos anos 70. Portorosa dobra calcetíns secos mentres se pregunta se debe contar a morea que lle resta ou confiar nunha viraxe do destino que o libere do labor. Jaureguizar confesa estar fascinado polo don de Ánxel Fole para captar ondas cerebrais e interpretar a corrente de pensamento doutras persoas.

Comentarios