Un adianto do que che trae o Táboa Redonda deste domingo: 'Encrucillada'

Portada do Táboa Redonda deste domingo. EP
photo_camera Portada do Táboa Redonda deste domingo. EP
Nicolás Carreira descúbrenos a escritora Muriel Spark, que era espía e se comunicaba con T.S. Elliot en encrucillados. Javier Nogueira pide unha segunda edición da biografía de Galdós que publicou Yolanda Arencibia que redima unha obra mal escrita e mal editada. Portorosa fai tamén encrucillados e recóllese da calor aprendendo historia coa serie Vikingos. Ramón Rozas lembra a estrela máis brillante do fado, Amália Rodrigues, co gallo do seu centenario. Manuel Gago explica a inesperada revolución informática que se produciu na costa galega cos primeiros ordenadores importados polos mariñeiros. Jaureguizar tamén fala de galegos emigrados a Londres, como Curros Enríquez, salvado polo latín.

Más en Táboa Redonda