Aquí tes o adianto do Táboa Redonda: 'Malestar polaco'
María Valcárcel escribe sobre a recente premio Nobel Olga Tokarczuk, a conciencia crítica da sociedade conservadora e nacionalista de Polonia. Javier Nogueira remata a lectura da Revolución Chinesa de Dikötter cun certo desencanto. Un señor ronca sobre Portorosa no tren cando trata de ler El periodista deportivo de Richard Ford. Lois Pérez pregúntase a que grupo irá ver agora tras o derradeiro incendio de Burning. Antonio Costa Gómez visita o lago Ness. Lonxe de marabillarse co encontro co monstro, abre un debate con el sobre Stevenson. Camilo Franco cuestiona por que o concello de Teo desafizou ao grupo Chévere, premio Nacional de Teatro. Jaureguizar lamenta a perda do pintor Labajjo Grandío no deserto chairego.