Aquí tes o adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo, 13 de xaneiro

Táboa Redonda

Manuel de Lorenzo indícanos que 20 gramos de antimateria serían abondos para chegar a Marte. Para coñecer este oposto da materia foi decisivo Paul Dirac. Ramón Rozas resalta as ventás ao mundo que nos abre Antón Patiño con Manifesto de la mirada. Portorosa asume a dificultade de medir o amor. Antonio Costa Gómez estivo a piques de ser veciño da poeta Alfonsina Storni, a poeta que miraba o Río da Prata dende o seu outeiro. Javier Nogueira louba xenios que nos deu a Grecia clásica, como Eratóstenes, que mediu a Terra cun erro escaso usando un pau. Juan Tallón sente pena polos obxectos que se tiran mesmo se non son seus. Jaureguizar fala de cando Amancio Prada tivo que chamar á Policía Sentimental.

Más en Táboa Redonda