Bágoas na chuvia

Adianto dos contidos do suplemento do vindeiro domingo

Táboa Redonda

A película Blade Runner (1982) estaba ambientada en Los Ángeles do 2019. Tres décadas máis tarde de ser filmada Grial Parga explica a súa potencia simbólica. Javier Nogueira reseña Cantos de Ezra Pound, o norteamericano seducido por Musollini que acabou nun campo de concentración. Ramón Rozas recupera a Juan Eduardo Zúñiga, o escritor español que mellor entendeu a traxedia da guerra, polo seu centenario. Portorosa cuestiona o ensino dirixido unicamente ao mercado laboral. Juan Tallón describe ese momento de pánico no que unha desgraza allea nos convida a transformar o noso xeito de vida. Antonio Costa Gómez descansa na saia de Etaine. Jaureguizar conta que saíu comprar pan e regresou cun lumbago.

Más en Táboa Redonda
Comentarios