Corazón que minte

María Piñeiro descúbrenos a personaxe fascinante de JT Leroy, unha desgraza humana creada pola  escritora Laura Albert. Antonio Costa Gómez visita Hay On Wye, a vila de Gales con trinta librarías e cun tamaño menor que Chantada. Ramón Rozas fala da ‘peeira’, a loba encargada de dirixir a manada a raíz dunha lectura de Romasanta, de Emma Pedreira. Manuel Gago imaxina A Comarca de Tolkien situada en Galicia. Juan Tallón fala de cando ninguén quería xantar onda o premio Nobel Orhan Pamuk. Portorosa bascula entre o amor á humanidade e a desconfianza cara á xente. Jaureguizar escribe sobre a soedade como placebo e sobre a familia como entropía a raíz da nova novela de Antón Lopo, Extraordinario.

Más en Táboa Redonda
Comentarios