O obstáculo máis monumental para Trump é unha anciá liberal de 85 anos. Ruth Bader Ginsburg é maxistrada no Supremo de Estados Unidos e icona popular no país. María Piñeiro trazoulle un perfil. Camilo Franco pensa que Franqueira andou máis listo coas pitas que Ramón Piñeiro cos libros. Lois Pérez fala da marabillosa oración pagá que é o rock partindo dun ensaio de Lester Bangs. Javier Nogueira comenta un ensaio sobre as descompensadas lecturas que se fan en Occidente sobre a violencia en países islámicos. Portorosa conta que o seu fillo quere facer a fotosíntese. Juan Tallón atopa unha librería con case que todos os libros do mundo. O amor, a fascinación e o medo de Julián Hernández centran o artigo de Jaureguizar.