Estes son os contidos do Táboa Redonda deste domingo: O ollo divertido
Ramón Rozas convídamos a mirar a vida co lente humorístico do cineasta español Edgar Neville, amigo de Charlot en Hollywood. Javier Nogueira pregúntase se o Universo ten a estrutura dun vello videoxogo de marcianiños. Portorosa le a Richard Ford e lembra unha rapaza que facía flotar pedras sobre o mar. Antonio Costa busca en Praga a casa de Wladimir Holan, o poeta que namorou fugazmente nun ascensor. María Valcárcel busca o sorriso do escritor Eduardo Halfon. Manuel Gago descóbrenos o centro de interpretación que Pepe Barro deseñou para a catedral de Mondoñedo. Jaureguizar fala sobre os críticos, detectives salvaxes que camiñan pola beira salvaxe da literatura.